17/05/2015

17M - Dia das Letras Galegas

Porque é no galego que reside a essência da língua portuguesa, "QUE SE VEXA O GALEGO" na Galiza, e em Portugal também.

Canción pra cando se escoita falar castrapo. 

Ollade esa antroidada: son galegos,
xente do pobo, sinxela e moi normal.
Olládeos, como un fato de borregos,
falando o seu castrapo "tipical".

Esprésanse nunha estrana xerigonza,
van falando un idioma que non hai.
E sinten fondo reparo, gran vergonza,
en falar, como é debido, a fala nai.

Ollade ós moi paletos e cretinos
ladrando o seu castrapo por aí,
intentando ser lidos, cultos, finos
imitando ós "castizos" de Madrí.

Eles, probes, non poden ser culpados
polo seu idioma, tristeiro i anormal.
A culpa é de quen di: "Sede educados,
que falar galego está moi mal..."

Manuel María (2001) Obra poética completa I (1950-1979) (A Coruña: Espiral Maior)