25/07/2013

25 de Xullo, Dia da Pátria Galega

"Estamos fartos de saber que o pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do português. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de sesenta millóns de almas.
O galego foi instrumento maravilloso da grande e única poesia lírica de Hispania e nel escribían os enxeños peninsulares - tanto de dentro como de fóra de Galiza - (...)
A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chámanlle dialecto. Mais eu pergúntolles: "Dialecto de que idioma? Do que vós chamades español?". De ningunha maneira, porque o idioma que vós impuxéchedes pola forza é un irmán menor do galego. Acaso queredes decir que é dialecto do latín? Pois entón chamádelle dialecto ao francês, ao italián, ao rumano, porque tamén son fillos do latín e irmáns do galego."
(Afonso Daniel Rodriguez Castelao - Sempre en Galiza)